Quen somos?

A Coalición pola Enerxía Comunitaria é un espazo plural e inclusivo no que iniciativas de comunidades enerxéticas, entidades, colectivos e organizacións traballamos xuntas co obxectivo común de acadar unha transformación enerxética xusta cara un futuro 100% renovábel en mans das persoas e das comunidades. Neste sentido, as comunidades enerxéticas son axentes clave para acadar un cambio transformador no modelo enerxético.

A nosa visión

Na actualidade, o sistema enerxético europeo está controlado por un puñado de grandes empresas que emiten á atmosfera case un terzo das emisións totais. Co fin de facer fronte ao reto global do cambio climático dende un punto de vista de xustiza e responsabilidade histórica, reclamamos un sistema máis sostible que avance cara á enerxía comunitaria.

Con cero presenza de combustíbeis fósiles como o carbón, o petróleo e o gas, principais causantes do quecemento global

Coa participación pública e cidadá tanto en termos de xeración e xestión como de control e propiedade

Socialmente xusto, tendo en conta aqueles sectores máis vulnerábeis á transformación do sistema

Máis eficiente e cun menor consumo xeneralizado de todos os sectores económicos

vista desde arriba de un tejado con placas solares

100% renovábel

Cómpre un sistema 100% renovábel e descentralizado e sabemos que é perfectamente factíbel. O potencial das persoas, especialmente a través de colectivos, é clave para transformar o sistema dunha forma significativa. Grazas á apropiación cidadá dos proxectos, a toma de decisións será máis democrática e plural, tal como o amosan as comunidades enerxéticas que forman parte desta coalición.

Os proxectos públicos cidadáns, ademais de impulsar a democratización, o apoderamento da cidadanía como axente de cambio e a inclusión, tamén contribúen a:

Á loita fronte á crise climática

Á creación de empregos a nivel local

Impulsar as inversións locais

Proporcionar servizos como a pedagoxía enerxética

Promover a redución do consumo e o aforro enerxético

Reducir a pobreza enerxética

Aumentar a aceptación pública das renovábeis

Formulario de inscrición

    Os campos marcados con * son obrigatorios.



    Scroll ao inicio