Que facemos?

O noso principal obxectivo

Impulsar as comunidades enerxéticas de base cidadá. E para este fin cómpre fomentar unha transición ecolóxica que garante a democratización do sector enerxético a través do papel protagonista da cidadanía e axentes locais.

Como o logramos

Incidencia política

Pedimos á Unión Europea e aos gobernos que poñan freo ás actividades das grandes empresas enerxéticas e aos seus oligopolios, e que poñan á cidadanía no centro da transición enerxética. Sabemos que o potencial das persoas (individualmente, pero tamén e especialmente a través de asociacións, autoridades locais, cooperativas e pequenas empresas) para darlle a volta ao sistema é realmente significativo.

O noso labor de incidencia política céntrase especialmente nestas medidas:
  • Recoñecer legalmente as iniciativas cidadás e as chamadas comunidades enerxéticas renovábeis, establecendo límites claros e estritos á participación de empresas de servizos enerxéticos e dos axentes tradicionais de mercado.
  • Inclusión da cidadanía e comunidades de enerxía renovábel en calquera das súas formas nas futuras políticas climáticas e enerxéticas nacionais, con obxectivos vinculantes.
  • Garantir o respecto dos dereitos enerxéticos da cidadanía e as comunidades e eliminar as barreiras que dificulten a súa participación con equidade.

Participación cidadá

Para nos é fundamental tecer alianzas entre a cidadanía e entre colectivos. Para este fin, promovemos proxectos enerxéticos de carácter local e público, focalizados en abordar as necesidades socioeconómicas locais, baseados nunha adhesión voluntaria e aberta, autónoma, controlada democraticamente e cunha participación económica xusta e equitativa para cada persoa. Cremos que grazas á apropiación cidadá dos proxectos, a toma de decisións sobre os mesmos será máis democrática e plural.

Especialmente:
  • Impulsamos a voz da cidadanía para que as persoas responsábeis políticas tomen as decisións adecuadas para garantir unha transición ecolóxica xusta.
  • Promovemos proxectos enerxéticos de ámbito local e público, enfocados a abordar as necesidades socioeconómicas e ambientais locais, como as comunidades enerxéticas.
  • Facilitamos o intercambio de boas prácticas entre iniciativas de enerxía comunitaria de todo o territorio.
Scroll ao inicio